Festival Solidario 2016 a prol da Escola da India.

Moitas grazas a todas e todos polas vosas achegas



Festival Solidario organizado desde o IES María Soliño a prol da Escola María Soliña da IndiaParticipan e colaboran varios centros educativos da comarca. Ademais contamos novamente con A Capela do Hospital para mostrar unha exposición/mostra de manufacturas, etc. a a partir do 5 de xuño. Coincide o evento do Festival este ano coas XV Xornadas Interculturais de Cangas (4 de xuño). En outubro pódese organizar un Festival Musical tamén no Auditorio (temos reservado o teatro) si ti animaste a organizalo como voluntaria ou voluntario. Animamos a colaborar, cooperar ou participar coa vosa presenza.

Sábado 4 de xuño de 2016 ás 21:00h. (de 21.00 a 23:00h.)

AUDITORIO MUNICIPAL de CANGAS do MORRAZO


Esta fotografía que utilizamos para elaborar o cartel, foi achegada por Mayte desde a Escola María Soliña da India (Umasankar Vidyalaya School) e amosa unha nena lendo. Esta nena foi a primeira en sair correndo para ver os libros que a ONG Shangaindia mercou grazas as vosas axudas. Ela foi a primeira en disfrutar dun libro instructivo na sua lingua, o oriya de Odisha (India). O Festival Solidario deste ano 2016 vai ser o próximo sábado 4 de xuño, as 21:00 no Auditorio Municipal de Cangas.


PROGRAMA 2016

Programa achegado por Pedro Pablo Riobó

Proxección de 6 videoclips entre as actuacións



Entrada ou fila 0: 3 euros = 21 pratos de comida

¿Animaste a participar, colaborar ou cooperar en próximas edicións? 
Contacta co IES ou a ONG Shangaindia

Pódense adquirir entradas fila 0 desde o 27 de maio no IES María Soliño.

Venta de entradas no Auditorio o sábado 4 de xuño de 19:30 a 21:00



A Escola da India, sufragada completamente por ShangaIndia conta cun presuposto que non chega aos 4.000 euros mensuais, cos que son capaces de manter en nómina a 30 persoas (profesorado, cociña, obradoiro de costura, comida, roupa...) e este ano algúns dos seus primeiros alumnos ingresarán na universidade. "Con 10 euros mantemos a un/a estudante cada mes, con 15 a unha/un interna/o e con 3 euros, que é o prezo da entrada do festival, damos de comer a 21 persoas, relatou Neneta Herrero, presidenta da ONG, na roda de prensa"


Festival solidario 2014 e exposición "Arte por libros" 2015

2014

Audiovisual finalista no Festival Olloboi 2015


Cartas "Dunha a outra orilla": IES María Soliño de Cangas - Escola María Soliña da India. Coa colaboración do Departamento de Inglés do noso centro.


Unha experiencia de comunicación por carta no presente proxecto de colaboración e cooperación "Escolas do mundo" fixo posible que alumnado do IES María Soliño e da Escola María Soliña da India poideran establecer unha correspondencia de ida e volta. Na escola da India linda non teñen internet.
Por medio de cooperantes as cartas chegaron a India e foron entregadas en decembro do 2013. En marzo e abril do 2014 recibimos as cartas de resposta do alumnado de Umasankar Vidyalaya Shool (Escola María Soliña) de Pubei - Odisha India. 


Videos para o Festival Benéfico a prol da Escola Mª Soliña da India
Portada do CD Ikilimikili editado para o proxecto

Gracias ao Festival solidario e a exposición na Capela do Hospital recaudaronse máis de tres mil euros para a Escola.
Conseguimos unha primeira edición de 50 copias do CD Ikilimikili con cancións interpretadas en galego e oriya por alumnado da India. 


Grazas a Neneta Herrero, as cooperantes e colaboradores, ao Departamento de Inglés pola achega, a Pedro Pablo Riobó, profesor de artes escénicas que coordinou o Festival, a Xulio Abal Silva profesor de música que remasterizou as cancións editadas no CD IKILIMIKILI, a Isabel Armesto pola labor de administración, a directiva do noso centro, a todo o alumnado e profesorado dos centros de formación do Morrazo que colaboraron neste proxecto con moita creatividade e a todos os que aportades a vosa axuda. MOITAS GRAZAS




Programa do Festival 2014
Auditorio Municipal de Cangas




Lista de reproducción con actuacións de iniciativas educativas que colaboraron no Festival Benéfico do 2014 celebrado no Auditorio Muncipal de Cangas. Gracias a todos por participar, apoiar ou asistir!






Lista de reproducción con 21 audiovisuais editados para este proxecto.

Cooperación con Umasankar Vidyalaya School de Pubei - Odisha (India)



Exposición "Cadros por libros", alimentos, acollida e roupa para A Escola María Soliña da India 2015


Donacións de pinturas, esculturas e fotografías de formato pequeno ou median á ONG SHANGAINDIAExpostas do 30 de abril ao 3 de Maio de 2015 na sala de exposicións da Capela do Hospital en Cangas. O obcxetivo é acadar mais axuda para a Escola María Soliña de Pubai (Odisha-India). Adquirindo unha obra achegas alimentos, roupa, acollida e libros para as nenas e nenos de Umasankar Vidyalaya School sustentada por ShangaGaliciaIndia.

Organiza
IES María Soliño,
 Monte Carrasco nº 3,
 3940 Cangas
 referencia: "Cadros por libros"

Varios Artistas
As obras donadas empregaranse sóamente con fins solidarias a prol da escola. As obras que non se venderon quedaron na ONG para próximas exposicións.


 


Faro de Vigo: Salvar a María Solina da India


29 Artistas Solidarios a prol da Escola María Soliña da India
Expoñen:

Bris
Javier Rios
Beatriz Suárez
Javier Teniente
Xosé Guillermo
Ernesto Parcero
Eva Pena Fandiño
Paula Broullón Costas
Paula Paradela Castro
Manuel Cerviño García
Ana Billegas
Lito Portela
Walter Branca
Nel D. Pinheiro
Álvaro Rodríguez
Antonio Diaz Pereira
Liberata Freire Bernárdez
Rubén
Carlos Otero
Sara Pérez Bello
Javier Ben Couto
Ernesto Parcero
José Ucha
Toni Casaus
Peisman
M. Pizcueta
A. Bastón
Claudia Branca

Un anaquiño do ceo (Documental)




Este documental de Luis García Verdú amosa cómo a amizade, a solidariedade, o tesón e a maxia, conseguen que a escola "Maria Soliña" sexa unha realidade e unha esperanza para centos de nenas e nenos.

FESTIVAL BENÉFICO 07/06/2014 Auditorio Municipal de Cangas

Festival benéfico a prol da Escola María Soliña da India coa colaboración da comunidade educativa de varios centros que imparten ensino artístico en Cangas e presentación do CD Ikilimikili con cancións en oriya e galego interpretadas por nenas e nenos da India, editadas grazas ao presente proxecto de cooperación. 
Sábado 7 de xuño ás 22:00h
Auditorio Municipal de Cangas 

Cartas de volta de marzo e abril do 2014


Chegaron en marzo e abril as cartas de resposta do alumnado de Umasankar Vidyalaya Shool (Escola María Soliña) de Pubei - Odisha - India.
O alumando do IES María Soliño tivo o primeiro contacto de ida e volta cos estudantes do último ano da escola da India utilizando como lingua o inglés.