Festival Solidario 2016 a prol da Escola da India.

Moitas grazas a todas e todos polas vosas achegas



Festival Solidario organizado desde o IES María Soliño a prol da Escola María Soliña da IndiaParticipan e colaboran varios centros educativos da comarca. Ademais contamos novamente con A Capela do Hospital para mostrar unha exposición/mostra de manufacturas, etc. a a partir do 5 de xuño. Coincide o evento do Festival este ano coas XV Xornadas Interculturais de Cangas (4 de xuño). En outubro pódese organizar un Festival Musical tamén no Auditorio (temos reservado o teatro) si ti animaste a organizalo como voluntaria ou voluntario. Animamos a colaborar, cooperar ou participar coa vosa presenza.

Sábado 4 de xuño de 2016 ás 21:00h. (de 21.00 a 23:00h.)

AUDITORIO MUNICIPAL de CANGAS do MORRAZO


Esta fotografía que utilizamos para elaborar o cartel, foi achegada por Mayte desde a Escola María Soliña da India (Umasankar Vidyalaya School) e amosa unha nena lendo. Esta nena foi a primeira en sair correndo para ver os libros que a ONG Shangaindia mercou grazas as vosas axudas. Ela foi a primeira en disfrutar dun libro instructivo na sua lingua, o oriya de Odisha (India). O Festival Solidario deste ano 2016 vai ser o próximo sábado 4 de xuño, as 21:00 no Auditorio Municipal de Cangas.


PROGRAMA 2016

Programa achegado por Pedro Pablo Riobó

Proxección de 6 videoclips entre as actuacións



Entrada ou fila 0: 3 euros = 21 pratos de comida

¿Animaste a participar, colaborar ou cooperar en próximas edicións? 
Contacta co IES ou a ONG Shangaindia

Pódense adquirir entradas fila 0 desde o 27 de maio no IES María Soliño.

Venta de entradas no Auditorio o sábado 4 de xuño de 19:30 a 21:00



A Escola da India, sufragada completamente por ShangaIndia conta cun presuposto que non chega aos 4.000 euros mensuais, cos que son capaces de manter en nómina a 30 persoas (profesorado, cociña, obradoiro de costura, comida, roupa...) e este ano algúns dos seus primeiros alumnos ingresarán na universidade. "Con 10 euros mantemos a un/a estudante cada mes, con 15 a unha/un interna/o e con 3 euros, que é o prezo da entrada do festival, damos de comer a 21 persoas, relatou Neneta Herrero, presidenta da ONG, na roda de prensa"