Proxecto Escolas do Mundo

Proxecto de colaboración  ESCOLAS DO MUNDO
"IKILIMIKILI"


2012


Festival solidario de música no Auditorio de Cangas o día da inauguración da exposición colectiva e actuacións do alumnado de Artes Plásticas, Escénicas e Música.

2013


Redacción do Proxecto de colaboración en 2013. "Escolas do Mundo"

IES María Soliño de Cangas - Umasankar Vidyalaya (Escola María Soliña) da India.
Aberto as vosas propostas (desde calquera centro educativo e/ou artístico) para vindeiros cursos.


2013-2014



Realizamos as actividades para o intercambio cultural por medio de cartas escritas en inglés entre os alumnados e para a organización do Festival Benéfico Solidario. Desenvolvéramos o proxecto redactado en 2013 que pódese ver ao final da presente páxina.

Cartas dunha a outra orilla
Colaboración do departamento de Inglés e voluntarias/os da ONG Shangaindia.
Etapas educativas e cursos:
ESO e bacharelato do IES María Soliño.
10º curso (high school) Umasankar Vidyalaya School.

Festival Solidario 2014
Varios departamentos do IES, Institucións educativas da comarca e músicos.





2014-2015


Exposición solidaria de artístas a prol da Escola María Soliña da India en abril de 2015. Mais de 30 artistas donaron obras achegadas ao IES María Soliño e a ONG Shangaindia. A exposición tivo lugar na Capela do Hospital de Cangas en abril. As obras non adquiridas serán exportas noutras salas de exposición.


2015-2016


Festival Solidario de varios Centros Educativos e músicos da comarca, organizado desde o IES María Soliño, o sábado 4 de xuño do 2016 (data ofrecida polo Auditorio Municipal de Cangas). Exposición benéfica na Capela do Hospital a partir do 5 de xuño do 2016.


2017-2018

Festival Solidario bienal proposto para xuño de 2018.






Descripción e plan de traballo das propostas actuais
  • 1. Estrutura
    Trátase dun proxecto colaborativo entre o IES María Soliño e a ONG Shangá Galicia-India e por extensión a Umasnkar Vidyalaya (Escola María Soliña) de Odisha na India. Optamos por dúas áreas de traballo, acción social e interculturalidade na educación.
    Esta experiencia será desenvolvida polo alumnado 1º e 2º de bacharelato e o alumnado do último curso (10º) do ensino obrigatorio da India. Abrangue as seguintes materias do bacharelato: cultura audiovisual, música, fundamentos de deseño, inglés, galego e filosofía. Engadirase novas propostas do profesorado para outros niveis.
    Este proxecto presenta unha especial riqueza lingüística posto que se van utilizar varias linguas en diferentes contextos comunicativos: Oriya (lingua propia de Odisha), galego, inglés e castelán.

    2. Guía didáctica

    2.1 Xustificación

    A colaboración do IES Mª Soliño coa escola Mª Soliña iníciase co nacemento da ONG Shanga Galicia-India, hai mais de dez anos. Este proxecto representa a posibilidade de dar continuidade a unha irmandade arraigada na nosa comunidade educativa, mediante un labor de acción social con resultados educativos tanxibles. A escola Mª Soliña, localizada nuhna das rexións mais pobres da India, castigada por frecuentes ciclóns, precisa o noso apoio e a nosa axuda.
    Shanga Galicia-India é unha pequena ONG non institucionalizada, que non recibe axudas oficiais. Mantense grazas ó esforzo e solidariedade de persoas principalmente de Galicia e céntrase en levar adiante unha escola que educa e alimenta a mais de 360 alumnos.
    O achegamento facilitará a confluencia multicultural nunha experiencia educativa na que o alumnado de ambos centros serán copartícipes na creación de materiais artísticos: música, deseño gráfico e audiovisuais, establecéndose unha dinámica comunicativa entre as dúas beiras.
    As actividades de acción social teñen como obxectivo obter unha axuda económica para complementar, difundir e consolidar o proxecto educativo da escola Mª Soliña da India, estreitando os lazos de colaboración e coñecemento mutuo entre os dous centros educativos, fomentando a irmandade de dúas culturas. Ademais  preténdese crear conciencia e apoiar  iniciativas  que defenden o dereito á educación de tódolos nenos e nenas do mundo, como un dereito irrenunciable.
    Estrutúrase arredor de dous puntos centrais:
    • O documental “Un trozo de cielo” de Luis Garcia Verdú, sobre a escola María Soliña, para contextualizala e achegar a súa realidade ó alumnado do instituto.
    • A gravación de cancións en oriya e galego coas voces dos nenos e nenas da escola de Odhisa, co obxectivo de promover a interculturalidade e fomentar a solidariedade e os valores humanitarios, utilizando as artes como linguaxe universal.


    2.2 Obxectivos

    • Formar cidadáns capaces de convivir en sociedades culturalmente heteroxéneas.
    • Educar para crear persoas competentes interculturalmente que teñan a habilidade de interactuar con “outros” e aceptar outras perspectivas e percepcións do mundo.
    • Desenvolver a capacidade de funcionar eficazmente en medios multiculturais.
    • Desenvolver actitudes máis positivas (apertura, empatía…) cara diferentes grupos culturais, raciais, étnicos e relixiosos.
    • Favorecer a comunicación e competencia interculturais.
    • Promover a acción social frente ó racismo e a discriminación.
    • Apoiar un cambio social baseado en principios de xustiza social.
    • Supera-lo racismo individual cultural e institucional.
    • Promover a reflexión para asumir unha maior responsabilidade social e fomentar o voluntariado e a solidariedade.
    • Ofrecer distintas estratexias recursos expresivos, dentro do currículo de Educación Artística , dende unha perspectiva intercultural.
    • Globalizar as linguaxes artísticas.
    • Facilitar a comunicación con ferramentas TIC
    • Disfrutar coas aportacións artísticas de outras culturas.
    • Desenvolver habilidades nas que é necesaria unha competencia na comunicación non verbal e audiovisual, analizando e reflexionando sobre distintos códigos de comunicación en culturas diferenciadas para atopar nexos comúns.
    • Potenciar a cultura cooperativa do centro.

    2.3 Competencias a desenvolver

    1. Competencias en comunicación lingüística
    • Saber escoitar, saber constatar opinións e ter en conta as ideas e opinións dos outros.
    • Ser competente para comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas o creativas diversas.
    2. Competencia social e cidadá
    • Ser tolerante, aceptar as diferencias e respectar ás persoas con valores crenzas e culturas distintas a propia.
    • Achegarse a outras culturas.
    • Establecer vínculos e relacións construtivas cos demais.
    3. Información e competencia dixital
    • Uso das TIC como xeradoras e transmisoras de coñecemento e comunicación.
    4. Competencia cultural e artística
    • Apreciar e comprender diferentes manifestacións culturais e artísticas.
    • Participar na creación de obras colectivas.
    • Investigar en torno a diferentes linguaxes artísticas.

    5. Competencia en autonomía persoal
    • Capacidade de transformar as ideas en actos.

    2.4 Programa de contidos e actividades coa súa temporalización

    Temporalización Contidos Actividades


    1º trimestre
    Propostas, documentación e información.



    Documentación







    Expresión escrita en lingua inglesa



    Música e interculturalidade



    Deseño gráfico

    Proxección do documental :
    Un trozo de cielo” de Luis García Verdú
    Foro de debate.
    Comunicación a traveso do hashtag #ikilimikili



    Comunicación directa entre alumnado vía postal pola precariedade de medios



    Audición da gravación das cancións recompiladas na escola María Soliña

    Arte final da caraluta e maquetación do CD de audio.

    2º trimestre




    Música tradicional de Odisha e Galicia


    Expresión escrita en lingua galega

    Creación audiovisual

    Interpretación de cancións de Odisha polo alumnado galego

    Folleto informativo Escolas do mundo

    Produción de videoclips dalgunhas das cancións


    3º trimestre




    Deseño gráfico: Cartelismo




    Mostra escénica

    (coas aportacións)





    Memoria do proxecto


    Elaboración de cartaces para o Festival Solidario.


    Festival no Auditorio Municipal de Cangas con interpretacións musicais proxección de videoclips, etc.


    Ó longo do curso xerarase unha dinámica de achegamento dos materiais elaborados nos dous centros fomentándose procesos interactivos coa ONG Shangá Galicia India.


    2.5 Metodoloxía de traballo

    • Proxecto interdisciplinar con metodoloxía activa e participativa

    • Aprendizaxe colaborativa e dedutiva, por tarefas propostas para cada área de coñecemento.

    • Creación de situacións de aprendizaxe ilusionantes e motivadoras que contribúen ó coñecemento e descubrimento de outras realidades sociais e culturais a traveso do documental e a música.

    • Traballo cooperativo aproveitando os recursos creados polo alumnado e profesorado: Música, deseño gráfico e videoclips.

    • Todos os membros son construtores e beneficiarios da construción.

    • Rexistro, tratamento, interpretación e representación de información audiovisual e a súa posterior transmisión a través das tecnoloxías da información (canal de vídeo, blogue, web do centro, etc).

    • Traballar con sensibilidade e emoción, coa identidade e a subxectividade que proporciona a arte, xerando novas formas de ver o mundo.

    2.6 Organización de recursos humanos e materiais

    • Establécese comunicación entre a representante da ONG que intermedia co centro educativo da India e o coordinador do IES quen a súa vez coordina co equipo docente que participa no proxecto.
    • Contamos con alumnado de ambas beiras, voluntarios e profesorado do bacharelato de artes, inglés , filosofía galego e membros da comunidade educativa do IES María Soliño que confirmaron a súa participación.
    • Utilizamos o documental titulado “Un trozo de cielo” de Luis García Verdú estreado en Galicia no 2012 que reflicte a vida da escola María Soliña.
    • Dispoñemos de dezaoito cancións gravadas polo músico Jordi Prats na escola.
    • No instituto contamos con algúns ordenadores para a elaboración de materiais de deseño gráfico, gravación de son e audiovisuais.

    2.7 Temporalización, calendario e horario previsto para a realización do proxecto

    O proxecto xa iniciado está posto en marcha para o calendario escolar do curso 2013/2014.
    A temporalización indícase no cadro do apartado 2.4.
    O profesorado que participa no proxecto, destina dentro do horario lectivo asignado a cada materia do bacharelato, o tempo que precisa. Adicanse sobre todo horas de traballo extra escolares.
    Esta experiencia educativa culminará a finais de curso no mes de xuño, coa posta en escena no Auditorio Municipal de Cangas o día 7 de xuño co festival solidario “Escolas do mundo”, e a presentación do CD Ikilimikili.


    2.8 Plan de avaliación (indicadores e incidencia na práctica educativa)

    • A avaliación terá en conta o grao de motivación e participación do alumnado.
    • Cada trimestre farase revisión do cumprimento das actividades programadas e tempos previstos, realizando os axuste necesarios.
    • Valorarase o desenvolvemento do proxecto, o grao de consecución dos obxectivos, a súa incidencia real no IES María Soliño e a repercusión na ONG Shanga Galicia-India.
    • Na avaliación analizaranse os aspectos positivos e dificultades atopadas no proceso, para abrir novas vías de colaboración.

    3.Tecnoloxía utilizada

    • TIC do centro
    • Ordenadores con aplicacións informáticas de software libre para a elaboración de deseño gráfico (Gimp) edición de vídeo (pitivi) Audio (audacity). Windows Movie Maker e programas de avaliación ou demostrativos.
    • Gravadores de son.

    4.Mecanismos establecidos para a coordinación (no caso de varios participantes dun só centro ou de varios centros)

    • A coordinación entre o IES e a ONG comeza cando se toma a decisión de acceder á unha convocatoria educativa. A partir deste momento dúas persoas que representan os devanditos ámbitos contactan periodicamente para establecer os mecanismos e estratexias de colaboración.
    • En ocasións, asociados á ONG SHANGA que viaxan á India, colaboran vehiculando información ou trasladando materiais á escola de Odisha.
    Outras veces acontece á inversa, a información ou materiais proceden da escola india sendo destinatario o IES.
    • O profesorado participante ten establecidas reunións mensuais para coordinación e seguimento do proxecto.
    • O correo electrónico utilizase acotío para comunicación entre os participantes desta banda. A escola “María Soliña” aínda non conta con conexión a internet.

    hashtag #ikilimikili

Neste blog están as ligazóns a reportaxes, vídeos, fotos….relacionadas coa ONG e  engadirase todo tipo de información ó longo do curso. http://procolaboracion.blogspot.com.es


COOLABORAN

- Alumnado do IES María Soliño

- Centro ocupacional Juan XXIII de Cangas


- Conservatorio Municipal de Cangas


- Escola de Danza Inés Nuñez


- Escola Municipal de Teatro de Cangas


- Plácido Domingo e Carlos Salguiero


Profesorado do IES María Soliño (listado do ano 2014-2016):


Julio Abal Silva  (Música)

Pedro Pablo Riobó Sanluis (Artes escénicas)
Marta García Rivas, Montserrat Logroño Silva, Carlos Camaño Rial e Xosé Manuel Cacharrón Prieto (Inglés)
M. Belén Puime Montero, Pepa Varela e Pablo Samartín Biénzobas (Ciencias)
Joseba (Artes Plásticas)
Jose Carlos Novo Combo (educación Física)
María Isabel Armesto Fernández (Filosofía)
Elda (francés)
Belén González Trigo (economía)
María Xesús Moreira Fontán e Nela (Galego)
Mary Hallman (lectora de inglés)
Chuca Solla Martínez
Grazas a todo o profesorado e alumnado que colaboron asistindo e/ou participando no Festival Solidario.
Comunicar novas participacións, implicación e voluntariados por e-mail ou tfn ao IES María Soliño.

Vanse engadindo máis colaboradores según ides confirmando a  colaboración ou participación. (avisade si atopades algún erro ou falta algo ou alguén por engadir)

Son benvidas todas as propostas.
Actualizacións (Novas colaboracións: danza - música - teatro - audiovisuais - etc.)


Obxectivos do Festival Benéfico e das Exposición na Capela do Hospital

-Fosa aseptica urxente para a escola da India
-Construcción dun local anexo para acoller as nenas que durmen na Escola.
-Compensar a perda da equiparación monetaria do presupuesto anual.
-Becas de estudo para alumnado dos últimos cursos de Umasankar Vidyalaya School. 


IES María Soliño

Monte Carrasco nº 3
36940 Cangas  (Pontevedra)
Teléfono: 986 30 10 82  Fax 986392274
e-mail:   ies.maria.solino@edu.xunta.es

Directora do centro: Aránzazu Vega Merayo
E-mail:  avega@edu.xunta.es

coordinador e co-redactor do proxecto: José Manuel García Plazuelo
E-mail: garciaplazuelo@edu.xunta.es

coordinador e director escénico para os Festivais Solidarios: Pedro Pablo Riobó 

E-mail: pedropriobo@edu.xunta.es

Xefa de estudos actual e coordinadora do dpto. de inglés en 2014: Montserrat Logroño


Audio, gravación e edición do CD Ikilimikili: Xulio Abal Silva




ONG Shangaindia www.shangaindia.org

Fundadora: Neneta Herrero
e-mail: nenetahe@yahoo.es
Teléfono 986 3295582 

Director da Escola María Soliña - Umasankar Vidyalaya School: Umesh Chandra Barik

Teléfono: 0091 086 1028120
city Road, Puri-2 (Odisha-India) CP.752002
co-redactora do proxecto:  María Esther Herrero Ameijeiras
Teléfono de contacto 609064715 e-mail:  ameixeiras@yahoo.es