Colabora coa ONG Shangaindia no mercadiño solidario 2019 na Capela do Hospital de Cangas do Morrazo, do 1 ao 9 de xuño.
Mercadiño solidario 2019 coa Escola Maria Soliña: Colabora.
Colabora coa ONG Shangaindia no mercadiño solidario 2019 na Capela do Hospital de Cangas do Morrazo, do 1 ao 9 de xuño.
Festival Solidario 2018 organizado desde IES María Soliño
FESTIVAL
SOLIDARIO
COA
ESCOLA MARÍA SOLIÑA DA INDIA
venres 1 de xuño ás 21:00h.
venres 1 de xuño ás 21:00h.
Desde 2004 un grupo de
persoas encabezadas por Neneta Herrero, agrupadas na ONG “Shanga
India” sosteñen en Pubai-Orissa, unha deprimida zona da India, a
escola “María Soliña”. Máis de 300 persoas,
a maioría de Cangas e Vigo, contribúen ao seu mantemento, grazas ao
cal máis de 300 alumnas e alumnos desde os 5 aos 14 anos reciben
clase, comen e son vestidos e calzados por esta escola que, ademais,
acolle a 200 deles como internos e internas que dormen, almorzan,
xantan, merendan e cean de xeito gratuíto (algúns todo o ano)
grazas a esta ONG.
A escola dá traballo a 30 persoas autóctonas en
nómina (profesorado, cociña, costura...) e desde a súa
implantación produciuse un grande cambio na rexión, na que o mesmo
goberno indio viuse impelido a investir. Hai dous anos, algúns dos
seus primeiros alumnos e alumnas ingresaron na universidade. E todo
cun custe que a nós pode parecernos asombroso: con 10 euros manteñen
a un estudante cada mes, con 15 a un interno. En fin, con 3 euros dan
de comer a 21 persoas.
Como cada dous anos, o
IES María Soliño de Cangas, en colaboración con outros centros e
entidades, organiza un Festival Solidario para axudalos a
seguir adiante. Cunha entrada de 3 euros (=21
comidas), o sábado 1 de xuño ás 21.00
horas no Auditorio
de Cangas, ti
tamén podes colaborar nesta axuda asistindo
a un acto no que actuará o grupo de Batucada do IES María Soliño,
o Coro da Escola de Música do Conservatorio de Música de Cangas, o
grupo de Danza da Escola de danza de Maite Quiñones, as alumnas do
IES María Soliño Sara Vázquez e Raquel Calviño, o grupo de danza
da Escola de danza de Inés Núñez, o grupo de pandereteiras
Adonaire e o grupo folk Pardal na rúa.
Para
aquelas e aqueles que non poidan asistir e queiran colaborar hai
entradas Fila 0 e unha web oficial da O.N.G. na que informarse: www.shangaindia.org
Festival solidario bienal 2018
Próximo Festival o venres 1 de xuño de 2018
Organizado desde o IES María Soliño de Cangas. Aberto á cooperación, colaboración e participación de todas as comunidades educativas.
Cartel do mercadiño anual organizado pola presidenta da ONG.
Colabora con Shangaindia
A casa Flor en fase de construcción.
Nestes módulos, deseñados polo arquitecto voluntario e Cangués Barbudo, durmirán as nenas da Escola.
Ainda son precisos dous módulos máis. Esperamos coa organización do evento en curso chegar a xuntar os cartos que precisamos para rematar este hermoso proxecto.
Festival Solidario 2018
Próximo Festival Solidario el viernes 1 de junio de 2018 en el Auditorio Municipal de Cangas (Pontevedra). Música, artes escénicas y audiovisuales.
Proyecto bienal, transversal e interdisciplinar organizado desde el I.E.S. María Soliño y abiertos a la cooperación, colaboración y participación.
Cartel del mercadillo anual organizado por la presidenta de la ONG.
Colaboramos con la ONG Shangaindia
Festival Solidario 2016 a prol da Escola da India.
Moitas grazas a todas e todos polas vosas achegas
Festival Solidario organizado desde o IES María Soliño a prol da Escola María Soliña da India. Participan e colaboran varios centros educativos da comarca. Ademais contamos novamente con A Capela do Hospital para mostrar unha exposición/mostra de manufacturas, etc. a a partir do 5 de xuño. Coincide o evento do Festival este ano coas XV Xornadas Interculturais de Cangas (4 de xuño). Animádevos a colaborar, cooperar ou participar con novos eventos.
Sábado 4 de xuño de 2016 ás 21:00h. (de 21.00 a 23:00h.)
AUDITORIO MUNICIPAL de CANGAS do MORRAZO
Esta fotografía que utilizamos para elaborar o cartel, foi achegada por Mayte desde a Escola María Soliña da India (Umasankar Vidyalaya School) e amosa unha nena lendo. Esta nena foi a primeira en sair correndo para ver os libros que a ONG Shangaindia mercou grazas as vosas axudas. Ela foi a primeira en disfrutar dun libro instructivo na sua lingua, o oriya de Odisha (India). O Festival Solidario deste ano 2016 vai ser o próximo sábado 4 de xuño, as 21:00 no Auditorio Municipal de Cangas.
PROGRAMA 2016
Programa achegado por Pedro Pablo Riobó
Proxección de 6 videoclips do alumnado entre as actuacións
Entrada ou fila 0: 3 euros = 21 pratos de comida
¿Animaste a participar, colaborar ou cooperar en próximas edicións?
Contacta co IES ou a ONG Shangaindia
Pódense adquirir entradas fila 0 desde o 27 de maio no IES María Soliño.
Venta de entradas no Auditorio o sábado 4 de xuño de 19:30 a 21:00
A Escola da India, sufragada completamente por ShangaIndia conta cun presuposto que non chega aos 4.000 euros mensuais, cos que son capaces de manter en nómina a 30 persoas (profesorado, cociña, obradoiro de costura, comida, roupa...) e este ano algúns dos seus primeiros alumnos ingresarán na universidade. "Con 10 euros mantemos a un/a estudante cada mes, con 15 a unha/un interna/o e con 3 euros, que é o prezo da entrada do festival, damos de comer a 21 persoas, relatou Neneta Herrero, presidenta da ONG, na roda de prensa"
Festival solidario 2014 e exposición "Arte por libros" 2015
2014
Cartas "Dunha a outra orilla": IES María Soliño de Cangas - Escola María Soliña da India. Coa colaboración do Departamento de Inglés do noso centro.
Unha experiencia de comunicación por carta no presente proxecto de colaboración e cooperación "Escolas do mundo" fixo posible que alumnado do IES María Soliño e da Escola María Soliña da India poideran establecer unha correspondencia de ida e volta. Na escola da India linda non teñen internet.
Por medio de cooperantes as cartas chegaron a India e foron entregadas en decembro do 2013. En marzo e abril do 2014 recibimos as cartas de resposta do alumnado de Umasankar Vidyalaya Shool (Escola María Soliña) de Pubei - Odisha India.
Gracias ao Festival solidario e a exposición na Capela do Hospital recaudaronse máis de tres mil euros para a Escola.
Conseguimos unha primeira edición de 50 copias do CD Ikilimikili con cancións interpretadas en galego e oriya por alumnado da India.
Por medio de cooperantes as cartas chegaron a India e foron entregadas en decembro do 2013. En marzo e abril do 2014 recibimos as cartas de resposta do alumnado de Umasankar Vidyalaya Shool (Escola María Soliña) de Pubei - Odisha India.
Videos para o Festival Benéfico a prol da Escola Mª Soliña da India
Portada do CD Ikilimikili editado para o proxecto
Conseguimos unha primeira edición de 50 copias do CD Ikilimikili con cancións interpretadas en galego e oriya por alumnado da India.
Grazas a Neneta Herrero, as cooperantes e colaboradores, ao Departamento de Inglés pola achega, a Pedro Pablo Riobó, profesor de artes escénicas que coordinou o Festival, a Xulio Abal Silva profesor de música que remasterizou as cancións editadas no CD IKILIMIKILI, a Isabel Armesto pola labor de administración, a directiva do noso centro, a todo o alumnado e profesorado dos centros de formación do Morrazo que colaboraron neste proxecto con moita creatividade e a todos os que aportades a vosa axuda. MOITAS GRAZAS
Programa do Festival 2014
Auditorio Municipal de Cangas
Lista de reproducción con actuacións de iniciativas educativas que colaboraron no Festival Benéfico do 2014 celebrado no Auditorio Muncipal de Cangas. Gracias a todos por participar, apoiar ou asistir!
Lista de reproducción con 21 audiovisuais editados para este proxecto.
Cooperación con Umasankar Vidyalaya School de Pubei - Odisha (India)
Cooperación con Umasankar Vidyalaya School de Pubei - Odisha (India)
Exposición "Cadros por libros", alimentos, acollida e roupa para A Escola María Soliña da India 2015
Donacións de pinturas, esculturas e fotografías de formato pequeno ou median á ONG SHANGAINDIA. Expostas do 30 de abril ao 3 de Maio de 2015 na sala de exposicións da Capela do Hospital en Cangas. O obcxetivo é acadar mais axuda para a Escola María Soliña de Pubai (Odisha-India). Adquirindo unha obra achegas alimentos, roupa, acollida e libros para as nenas e nenos de Umasankar Vidyalaya School sustentada por ShangaGaliciaIndia.
Organiza
IES María Soliño,
Monte Carrasco nº 3,
3940 Cangas
referencia: "Cadros por libros"
Varios Artistas
As obras donadas empregaranse sóamente con fins solidarias a prol da escola. As obras que non se venderon quedaron na ONG para próximas exposicións.
Faro de Vigo: Salvar a María Solina da India
Expoñen:
Bris
Javier Rios
Beatriz Suárez
Javier Rios
Beatriz Suárez
Javier Teniente
Xosé Guillermo
Ernesto Parcero
Xosé Guillermo
Ernesto Parcero
Eva Pena Fandiño
Paula Broullón Costas
Paula Paradela Castro
Paula Broullón Costas
Paula Paradela Castro
Manuel Cerviño García
Ana Billegas
Lito Portela
Ana Billegas
Lito Portela
Walter Branca
Nel D. Pinheiro
Álvaro Rodríguez
Antonio Diaz Pereira
Liberata Freire Bernárdez
Nel D. Pinheiro
Álvaro Rodríguez
Antonio Diaz Pereira
Liberata Freire Bernárdez
Rubén
Carlos Otero
Sara Pérez Bello
Javier Ben Couto
Carlos Otero
Sara Pérez Bello
Javier Ben Couto
Ernesto Parcero
José Ucha
Toni Casaus
Peisman
M. Pizcueta
A. Bastón
Claudia Branca
José Ucha
Toni Casaus
Peisman
M. Pizcueta
A. Bastón
Claudia Branca
Joseba G Plazuelo
http://artesolidario.blogspot.com
http://artesolidario.blogspot.com
Exposición Solidaria 2015 para Escola María Soliña - India. ONG Shangaindia from CanalArtes on Vimeo.
GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)