Un anaquiño do ceo (Documental)




Este documental de Luis García Verdú amosa cómo a amizade, a solidariedade, o tesón e a maxia, conseguen que a escola "Maria Soliña" sexa unha realidade e unha esperanza para centos de nenas e nenos.

FESTIVAL BENÉFICO 07/06/2014 Auditorio Municipal de Cangas

Festival benéfico a prol da Escola María Soliña da India coa colaboración da comunidade educativa de varios centros que imparten ensino artístico en Cangas e presentación do CD Ikilimikili con cancións en oriya e galego interpretadas por nenas e nenos da India, editadas grazas ao presente proxecto de cooperación. 
Sábado 7 de xuño ás 22:00h
Auditorio Municipal de Cangas 

Cartas de volta de marzo e abril do 2014


Chegaron en marzo e abril as cartas de resposta do alumnado de Umasankar Vidyalaya Shool (Escola María Soliña) de Pubei - Odisha - India.
O alumando do IES María Soliño tivo o primeiro contacto de ida e volta cos estudantes do último ano da escola da India utilizando como lingua o inglés.

CD IKILIMIKILI: Cancións en oriya e galego.



IKILIMIKILI é unha colección de grabacións feitas ó longo dos últimos 12 anos na Umasankar Vidyalaya School (Escola María Soliña) de PUbei, en Odisha (India). Inclúe cantos tradicionais e populares na lengua de Odisha, así como varias cancións tradicionais galegas cantadas polos nenos e nenas da escola.

Nembargantes, IKILIMIKILI non é só una recopilación dos canto das nenas/os. A través das grabacións de Neneta Herrero e Jordi Prats, as nenas e nenos falan da súa vida cotiá, da súa cultura e da súa forma de entender a vida. O amor, os costumes, a historia, a mitoloxía, a diversidade humana, etc. todo o que conforma a vida cotiá da pequena vila de Pubei e que forma parte da alma da Escola María Soliña.

Esa alma ten xa tamén un pequeno recuncho galego que foi levado por Neneta e as todas as persoas colaboradoras desde nese lonxano 2004 no que decidiú que era certo ese vello proverbio xaponés que di "Fai máis o que quere ca o que pode"

Directora e fundadora de Shanga India: Neneta Herrero
Gravacións en Odisha: Jordi Prats, Carles Mateu e Neneta Herrero.
Edición de audio: Jordi Prats, Carles Mateu, Xulio Abal.
Masterización: Xulio Abal.
Profesor de Música en India na Umasankar Vidyalaya School e adaptación das cancións: Baikunta Nath Ratn
Deseño da carátula: Portada de JMGarcíaPlazuelo, contraportada e interior da carátula do alumnado de Artes do IES MªSoliño: María González, Santiago Martínez e Luz Rodríguez.



SHANGA GALICIA INDIA: www.shangaindia.org
ONG de "Fondo" (sen gastos administrativos)

Os CDs foron editados manualmente  (+-200 CDs) por Xulio para a ONG e presentados no Festival Solidario do 2014
#ikilimikili

Novas Abril 2014 Proxecto #IKILIMIKILI Escolas do Mundo

Programación Festival Solidario

deseño de Santiago Martínez (2º de artes)



FESTIVAL 7 DE XUÑO
sábado ás 22:00 h

Coordinación escénica: Pedro Pablo Riobó

María Soliño - Umasankar Vidyalaya School
O Morrazo - Odisha
Galicia-India

Introdución: Neneta Herrero
Actuacións participantes:

       Teatro
  • Asociación Xoán XVIII, dirección Maite
  • Escola Municipal de Teatro de Cangas, dirección Sonia Rúa. 

    Danza            
  • Escola de Danza de Inés Núñez

    Música e Danza

  • Bollywood do IES María Soliño, directora Belén González Trigo
  • Mamma Mia do IES María Soliño, director Pablo Samartín
Música:
  • Conservatorio de Música, dirección María Jesús Torres
  • Os nenos do Coro do IES María Soliño, dirección Chuca Solla
  • Plácido Montenegro e Carlos Salgueiro

Audiovisuais:
  • VIDEOCLIPS Cancións do CD Ikilimikili por alumnado de Cultura Audiovisual
EXPOSICIÓN: Durante varios dias teremos a nosa disposición e grazas a Camilo Camaño a sala de exposicións Capela do Hospital, do xoves 5 ao domingo 8 de xuño en Cangas, para expoñer obras, fotografías, traballos do alumnado e documentacións relacionadas co presente proxecto, o CD Ikilimikili e as entradas anticipadas para o festival. Agradecemos tamén a colaboración de Juanjo, director do auditorio de Cangas.

CD IKILIMIKILI remasterizado e editado por Julio Abal de xeito voluntario. Gastos pagados por a ONG.

Solicitamos:
Colaboración de voluntariado para os eventos.
Solicitamos persoas voluntarias para coordinación e infraestructura de novos eventos. 

Novas Febreiro 2014

Chegaron 11 cartas do alumnado da India e están de camiño o resto. Montse (profesora de inglés e responsable do departamento de normalización lingüística) coordinará de seguido a iniciada roda de comunicación por cartas feitas a man entre alumnado de ambas latitudes.

Na reunión de febreiro comezamos a falar da organización e participacións para a gala do Festival benéfico do 7 de xuño en Cangas na que con sorte poderemos presentar o CD IKILIMIKILI con música gravada en Umasankar Vidyalaya School. 

Os nosos veciños do centro ocupacional Juan XXIII confirmaron a sua participación cunha pequeña obra dirixida por Maite, experta en expresión e benestar corporal.

Pedro Riobó (profesor de artes escénicas) coordinará o evento do sábado 7 de xuño no Auditorio Municipal de Cangas.

Xulio Abal Silva (profesor de música) está a empregar moitas horas extras coas posibilidades da elaboración e posproducción das cancións que poidan publicarse no CD e que esperamos poder presentar na gala. Necesitamos un técnico de son profesional. Si alguén coñece a algunha persoa que nos poda axudar por favor comunicadeo.

Moitas grazas as compañeiras e compañeiros que pudieron asistir á reunión.

Seguimos abertos a calqueira colaboración musical, artística ou de organización e soporte para o Festival benéfico, sexades ou non do noso centro educativo.


En Ourense fanse eco do proxecto Escolas do Mundo:
Exposición EnREDada Ourense: Comparto!!! Proyecto IES Maria Soliña de Cangas: Este ano levan a cabo no centro un proxecto colaborativo cun centro escolar da India onde tamén cantan cancións galegas e portuguesas. O pr...




#ikilimikili