Chegaron 11 cartas do alumnado da India e están de camiño o resto. Montse (profesora de inglés e responsable do departamento de normalización lingüística) coordinará de seguido a iniciada roda de comunicación por cartas feitas a man entre alumnado de ambas latitudes.
Na reunión de febreiro comezamos a falar da organización e participacións para a gala do Festival benéfico do 7 de xuño en Cangas na que con sorte poderemos presentar o CD IKILIMIKILI con música gravada en Umasankar Vidyalaya School.
Os nosos veciños do centro ocupacional Juan XXIII confirmaron a sua participación cunha pequeña obra dirixida por Maite, experta en expresión e benestar corporal.
Os nosos veciños do centro ocupacional Juan XXIII confirmaron a sua participación cunha pequeña obra dirixida por Maite, experta en expresión e benestar corporal.
Pedro Riobó (profesor de artes escénicas) coordinará o evento do sábado 7 de xuño no Auditorio Municipal de Cangas.
Xulio Abal Silva (profesor de música) está a empregar moitas horas extras coas posibilidades da elaboración e posproducción das cancións que poidan publicarse no CD e que esperamos poder presentar na gala. Necesitamos un técnico de son profesional. Si alguén coñece a algunha persoa que nos poda axudar por favor comunicadeo.
Moitas grazas as compañeiras e compañeiros que pudieron asistir á reunión.
Seguimos abertos a calqueira colaboración musical, artística ou de organización e soporte para o Festival benéfico, sexades ou non do noso centro educativo.
Seguimos abertos a calqueira colaboración musical, artística ou de organización e soporte para o Festival benéfico, sexades ou non do noso centro educativo.
En Ourense fanse eco do proxecto Escolas do Mundo:
Exposición EnREDada Ourense: Comparto!!! Proyecto IES Maria Soliña de Cangas: Este ano levan a cabo no centro un proxecto colaborativo cun centro escolar da India onde tamén cantan cancións galegas e portuguesas. O pr...
#ikilimikili