FESTIVAL
SOLIDARIO
COA
ESCOLA MARÍA SOLIÑA DA INDIA
venres 1 de xuño ás 21:00h.
venres 1 de xuño ás 21:00h.
Desde 2004 un grupo de
persoas encabezadas por Neneta Herrero, agrupadas na ONG “Shanga
India” sosteñen en Pubai-Orissa, unha deprimida zona da India, a
escola “María Soliña”. Máis de 300 persoas,
a maioría de Cangas e Vigo, contribúen ao seu mantemento, grazas ao
cal máis de 300 alumnas e alumnos desde os 5 aos 14 anos reciben
clase, comen e son vestidos e calzados por esta escola que, ademais,
acolle a 200 deles como internos e internas que dormen, almorzan,
xantan, merendan e cean de xeito gratuíto (algúns todo o ano)
grazas a esta ONG.
A escola dá traballo a 30 persoas autóctonas en
nómina (profesorado, cociña, costura...) e desde a súa
implantación produciuse un grande cambio na rexión, na que o mesmo
goberno indio viuse impelido a investir. Hai dous anos, algúns dos
seus primeiros alumnos e alumnas ingresaron na universidade. E todo
cun custe que a nós pode parecernos asombroso: con 10 euros manteñen
a un estudante cada mes, con 15 a un interno. En fin, con 3 euros dan
de comer a 21 persoas.
Como cada dous anos, o
IES María Soliño de Cangas, en colaboración con outros centros e
entidades, organiza un Festival Solidario para axudalos a
seguir adiante. Cunha entrada de 3 euros (=21
comidas), o sábado 1 de xuño ás 21.00
horas no Auditorio
de Cangas, ti
tamén podes colaborar nesta axuda asistindo
a un acto no que actuará o grupo de Batucada do IES María Soliño,
o Coro da Escola de Música do Conservatorio de Música de Cangas, o
grupo de Danza da Escola de danza de Maite Quiñones, as alumnas do
IES María Soliño Sara Vázquez e Raquel Calviño, o grupo de danza
da Escola de danza de Inés Núñez, o grupo de pandereteiras
Adonaire e o grupo folk Pardal na rúa.
Para
aquelas e aqueles que non poidan asistir e queiran colaborar hai
entradas Fila 0 e unha web oficial da O.N.G. na que informarse: www.shangaindia.org